Alfred Stieglitzo
| Alfred Stieglitz | |
|---|---|
Stieglitz, en 1935 | |
| Nacemento | 1 de xaneiro de 1864 |
| Hoboken, Nova Jersey | |
| Falecemento | 13 de xullo de 1946 (82 anos) |
| Nova York | |
| Área | fotografía |
| Movemento | Photo-Secession |
| Cónxuxe | Georgia O'Keeffe |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Alfred Stieglitz, nado Hoboken, Nova Jersey o 1 de xaneiro de 1864 e finado en Nova York o 13 de xullo de 1946, foi un fotógrafo estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Durante os seus cincuenta anos de carreira loitou por facer da fotografía unha forma de arte ao nivel da pintura e da escultura. Para acadar este obxectivo empezou explorando dentro do campo de fotografía as capacidades propias da pintura (composición, texturas...) para despois recorrer a elementos propiamente fotográficos (profundidade de campo, efecto de corte fotográfico...). Pasou así do pictorialismo á chamada fotografa directa. Stieglitz tamén é coñecido polo seu matrimonio coa pintora Georgia O'Keeffe.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfred Stieglitz |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina Web da PBS sobre Stieglitz (en inglés)
- Paul Strand. Stieglitz, fotógrafo. (en castelán)
|