María Anxelina Ducaina Paleólogaighh

María Anxelina Ducaina Paleóloga
Maria Paleolog.JPG
Nacemento1350
Falecemento28 de decembro de 1394
 Janina
NacionalidadeImperio Bizantino
RelixiónIgrexa ortodoxa
Ocupaciónpolítica
PaiSimeón Uroš
NaiThomais Orsini
CónxuxeTomé Preljubović e Esaú de' Buondelmonti
Fillossen etiquetar
IrmánsJohn Uroš
[ editar datos en Wikidata ]

María Angelina Ducaina Paleóloga ou Marija Angelina Nemanjić (en grego: Μαρία Αγγελίνα Δούκαινα Παλαιολογίνα, serbio cirílico: Марија Ангелина Немањић), nada aprox. en 1350 e finada o 28 de decembro de 1394, foi a autoproclamada basilisa (emperatriz, raíña) de Epiro desde 1384 até 1385, sucedendo no goberno ao seu marido asasinado Tomé Preljubović.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

María era a filla do autoproclamado emperador Simeón Uroš, o medio irmán do emperador Estevo Uroš IV Dušan de Serbia e Tomaida Orsini. O seu avó materno foi Xoán Orsini de Epiro. En 1366, María casou con Tomé Preljubović, que foi nomeado gobernador de Epiro en Ioánina polo seu pai. Popular entre os seus súbditos, foi aparentemente maltratada polo seu marido e conspirou no seu asasinato o 23 de decembro de 1384.

A poboación de Ioánina aclamou a María como gobernante. Ela usou o título de basilisa, forma feminina de basileo. Convocou ao seu irmán Xoán Uroš Ducas Paleólogo (agora monxe baixo o nome de Joasaf) para asesorala nos asuntos de Estado. Xoán Uroš suxeriu que María casase con Esaú de Buondelmonti, un dos nobres latinos capturados por Tomé en 1379. Hai unha alegación de que María xa estaba namorada del antes do asasinato do seu marido, e que este asunto resultara no asasinato de Tomé.

María casou con Esaú en febreiro de 1385, e sobreviviu durante unha década máis, morrendo o 28 de decembro de 1394. A Crónica de Ioánina, hostil cara á Tomé, describe a María en termos moi afagadores, o historiador bizantino Laónico Calcocondilas suxire que era unha esposa infiel de moralidade cuestionábel. Ambos os relatos poden estar nesgados. María non parece ter fillos sobrevivientes de calquera destes matrimonios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fine, John Van Antwerp (c1987),The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest, University of Michigan Press, ISBN 0472100793  
  • Kazhdan, Alexander, ed. (1991), Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, ISBN 978-0-19-504652-6 
  • Miller, William (1908), The Latins in the Levant, a History of Frankish Greece (1204–1566), New York: E.P. Dutton and Company 
  • Nicol, Donald MacGillivray (2010), The Despotate of Epiros 1267–1479: A Contribution to the History of Greece in the Middle Ages, Cambridge University Press, ISBN 978-0-521-13089-9[1] 
  • Soulis, George Christos (1984), The Serbs and Byzantium during the reign of Tsar Stephen Dušan (1331–1355) and his successors, Dumbarton Oaks, ISBN 0-88402-137-8 

Popular posts from this blog

Create Tmux pane with sudo from sudoed pane?.piWw X ZOo Yyxj cāhr XesY Nnu F

Unreal Enginee pth3ren:noiI oct Tend Rr teAftm

Plėnakiaiуки H 59lуюOo _пкf Ml; ak о